Scroll Top

QUENES SOMOS?

En Orixe Salgada cremos nun futuro onde os recursos mariños sexan aproveitados dunha forma sostible e innovadora. A nosa visión é transformar as algas de arribazón, antes un problema, nun motor de cambio para a agricultura ecolóxica.

As algas que chegan ás praias supoñen un custo de xestión para as confrarías galegas. Actualmente representan máis un problema que un recurso.

Axenda 2030 europea ten como obxetivo reducir un 50% fitosanitarios e un 20% fertilización nitroxenada. Existe unha demanda de productos naturais.

1. Colaboramos coas confradías para a recollida responsable de algas de arribazón das costas galegas.

2. Utilizamos técnicas físicas e naturais para preservar os compostos bioactivos.

3. Convertemos o 100% do recurso en partículas diminutas que melloran a biodispoñibilidade.

4. Creamos produtos adaptados ás necesidades específicas de cada tipo de cultivo.

En Orixe Salgada traballamos para transformar un problema ambiental nunha oportunidade sostible. Aproveitamos as algas de arribazón das costas galegas para crear bioestimulantes naturais de alto rendemento, pensados para unha agricultura máis ecolóxica, eficiente e respectuosa co medio.

A nosa misión é revalorizar os recursos mariños locais mediante procesos innovadores, sen químicos nin temperaturas elevadas, garantindo produtos que favorecen o crecemento vexetal e reducen o uso de fertilizantes e fitosanitarios convencionais.

Promovemos unha economía circular real: colaboramos coas confrarías para recoller de forma sostible as algas, xerando valor económico, social e ambiental no territorio. Apostamos pola investigación, a calidade e a innovación local como camiño para un modelo agrícola máis resiliente e comprometido co futuro do planeta.

PRODUTO

En Orixe Salgada damos resposta á problemática ambiental das algas que se acumulan nas nosas costas coa marea, coñecidas como argazo, converténdoas nun recurso valioso para múltiples sectores.

A diferenza doutras técnicas, o noso proceso permite extraer tanto polisacáridos hidrosolubles como fibras non solubles das algas, mantendo a súa funcionalidade natural. Estes compostos, ademais de mellorar a resposta ao estrés biótico e abiótico, presentan propiedades probióticas beneficiosas para os organismos. O resultado é un ingrediente versátil con aplicacións en agricultura, alimentación animal, cosmética e outros ámbitos onde a sostibilidade e a eficacia van da man.

Beneficios para a agricultura

Os bioestimulantes de Orixe Salgada representan unha solución natural, eficiente e innovadora para mellorar a saúde e o rendemento dos cultivos. A partir de algas de arribazón galegas, desenvolvemos produtos cun alto valor engadido que actúan de forma integral sobre as plantas, promovendo o seu crecemento, fortalecendo as súas defensas naturais e favorecendo unha maior produtividade.

A nosa proposta non só mellora o desenvolvemento vexetal, senón que tamén contribúe á resiliencia fronte a factores ambientais adversos como a seca, o frío ou a salinidade. Ao non conter residuos químicos e estar formulados mediante procesos sostibles, os nosos bioestimulantes encaixan á perfección cos principios da agricultura ecolóxica e da produción con denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

Maior crecemento vexetal

Favorece o desenvolvemento das raíces e a parte aérea das plantas. Mellora a absorción de nutrientes do solo.

Resistencia ao estrés

Aumenta a tolerancia a condicións adversas como seca, xeadas ou salinidade. Fortalece as defensas naturais.

Mellora da produción

Favorece a floración e frutificación. Mellora a calidade e aspecto dos froitos e hortalizas.

Compatibilidade ecolóxica

Produto natural, libre de residuos químicos. Ideal para agricultura ecolóxica e produción con D.O. e I.X.P.

O NOSO EQUIPO

O noso equipo combina experiencia científica e visión empresarial. Adicamos toda a nosa actividade profesional a Orixe Salgada.

Elena Fontán Alende

Doutoranda en Xestión Mariña no Campus Do Mar. Experta en xestión sostible de recursos mariños. A súa formación é fundamental para entender os ecosistemas socioecolóxicos.

Vinicius de Monte Vidal

Doutorando en Farmacia na USC. Especialista en procesos de extracción e encapsulación. Os seus coñecementos son clave para obter extractos de alta calidade.

Síguenos nas redes sociais!
CONTACTO
Envíanos unha mensaxe para cualquier dúbida.







    Síguenos nas redes sociais!
    CONTACTO
    Envíanos unha mensaxe para cualquier dúbida.